Atrás

O Goberno lanza axudas para apoiar a transformación dixital e a sustentabilidade da industria por valor de 218 millóns de euros

Atrás
29/05/2023

O Goberno lanza axudas para apoiar a transformación dixital e a sustentabilidade da industria por valor de 218 millóns de euros

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Industria e Peme, lanzou dúas liñas de axudas por valor de 218 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e ecolóxica da industria.

A primeira é a Liña I+D+I, que ten como obxecto fomentar a execución de plans de innovación e de sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira. Está dotada con 188 millóns de euros, dos cales 74 son en forma de subvención e 114 en forma de préstamos rembolsables ao tipo de interese do 0% e cun prazo de amortización total de 10 anos con 3 anos de carencia. Os ámbitos temáticos da convocatoria abarcan aspectos como a economía circular e a ecoinnovación aplicadas na mellora das cadeas de valor; a descarbonización, a eficiencia enerxética, as novas fontes de enerxía renovable e reducción de emisión contaminantes; os materiais e produtos avanzados; e a innovación en procesos de calidade e seguridade. O prazo de presentación comezará o día 29 de maio de 2023 e finalizará o día 28 de xuño de 2023.

A segunda é a Liña ACTIVA Financiación, que ten como obxecto apoiar o desenvolvemento de proxectos de investigación industrial, proxectos de desenvolvemento experimental, así como proxectos de innovación en materia de organización e procesos, no ámbito da Industria Conectada 4.0. Este programa conta con dous marcos de actuación: Activa-Pemes, dedicada a proxectos realizados por pequenas e medianas empresas e Activa-Grandes implementacións, de apoio a proxectos realizados por calquer tipo de sociedades. O orzamento é de 30 millóns de euros, dos que 15 son en forma de subvención e 15 en forma de préstamos rembolsables cun tipo de interese bonificado ó 0% e un prazo de amortización total de 5 anos con 2 de carencia, para a liña ACTIVA-PEME, e de 10 anos con 3 anos de carencia para a liña de ACTIVA-Grandes Implementacións. O prazo de presentación estará aberto desde o día 29 de mayo de 2023 ata o día 27 de xuño de 2023.