Atrás

O Goberno lanza o Centro Nacional de Neurotecnoloxía, Spin Neurotech, pioneiro en Europa

Atrás
22/12/2022

O Goberno lanza o Centro Nacional de Neurotecnoloxía, Spin Neurotech, pioneiro en Europa

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a Comunidade de Madrid e a Universidade Autónoma de Madrid presentaron  firmaron un protocolo de actuación para crear o Centro Nacional de Neurotecnoloxía, Spain Neurotech, que albergará a universidade madrileña. O novo centro será pioneiro en España e de referencia en Europa para o desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas basadas nos fundamentos do cerebro humano. Só hai cinco centros de investigación no mundo especializados nesta disciplina. O Centro Nacional de Neeurotcnoloxía – Spain Neurotech – impulsará a consolidación dunha comunidade científica que se está vendo respaldada coa importante inversión dos fondos europeos e os orzamentos xerais do Estado e con reformas como a Lei da Ciencia. A creación de Spain Neurotech, que constitúe un dos fitos do Plan de Recuperación, permitirá configurar e impulsar unha rede de centros públicos  privados especializados por todo o territorio. Gracias á futura creación deste centro pioneiro espéranse grandes avances en enfermedades crónicas nos seus estados iniciais, así como en trastornos de neurodesenvolvemento, enfermedades do espectro autista, Parkinson, Alzheimer, depresión, trastornos do sono, patoloxías do ritmo circadiano ou no dano cerebral agudo.