Estás en:
O Goberno lanza unha convocatoria de axudas para conexións que acelera o despregamento do 5G en zonas rurais
O Goberno lanza unha convocatoria de axudas para conexións que acelera o despregamento do 5G en zonas rurais
O Boletín Oficial do Estado publicou a convocatoria das axudas para dotar de conexión de backhaul mediante fibra óptica – incluindo elementos activos e pasivos- a emprazamentos das redes públicas de telefonía móvil que non dispoñen da devandita conexión, co obxectivo de facilitar que o 75% da población esté conectada ó 5G n bandas prioritarias en 2025. Estas axudas facilitarán ós operadores proporcionar de conexión 5G aos concellos de menos de 5.000 habitantes en 50 provincias, favorecendo o desenvolvemento económico nas zonas xeográficas con baixa densidade de poboación e promover o acceso ós novos servizos e aplicacións asociadas a esta tecnoloxía. A convocatoria de UNICO Redes 5G backhaul fibra óptica está dotada de 450 millóns de euros para o periodo 2022-2023 e financiada polos fondos Next Generation EU. A Comisión Europea autorizou estas axudas a mediados de outubro, afirmando que as mesmas “contribuirán a que os consumidores e as empresas das zonas rurais poidan acceder a servizos móbiles de alta calidade”.