Atrás

O Goberno modifica a normativa sobre axudas do Plan de Recuperación en agricultura e gandeiría para axilizar a súa concesión

Atrás
17/05/2023

O Goberno modifica a normativa sobre axudas do Plan de Recuperación en agricultura e gandeiría para axilizar a súa concesión

O Boletín Oficial do Estado publicou o 17 de maio o real decreto polo que se modifican as normas para a concesión de axudas do PRTR en materia de bioseguridade en sanidade animal e vexetal, e mellora da sustentabilidade e competitividade da agricultura, co obxectivo de conseguir unha mellor execución dos fondos. Os cambios introducidos teñen como obxectivo flexibilizar na normativa certas condición que garanticen unha mellor execución dos fondos, dunha maneira máis áxil, máis eficaz e eficiente, ao tempo que se actualiza e se clarifican determinados aspectos regulatorios para facilitar e armonizar a avaliación das solicitudes polas comunidades autónomas. O real decreto, aprobado o 16 de maio no Consello de Ministros, modifica os dous reais decretos de bases reguladoras destas dúas liñas de axudas. Estas dúas liñas forman parte do “Plan de Impulso á Sustentabilidade e Competitivdade da Agricultura e Gandeiría”, o componente 3 do PRTR, que xestiona o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e que ten como obxectivo adoptar as reformas estructuráis necesarias para promover un cambio no modelo de producción agrícola e gandeira que mellore a súa sustentabilidade en termos medioambientais, económicos e sociais.