Atrás

O Goberno reforza o seu compromiso pola educación coa repartición de 330 M€ ás comunidades autónomas

Atrás
07/11/2023

O Goberno reforza o seu compromiso pola educación coa repartición de 330 M€ ás comunidades autónomas

O Consello de Ministros aprobou, a petición do Ministerio de Educación e Formación Profesional, o reparto ás comunidades autónomas de preto de 330 millóns de euros correspondentes a catro programas vinculados á FP, Educación Infantil, programación didáctica e robótica, e a escolarización de desprazados pola guerra en Ucraína.

Repartíronse 143 millóns de euros destinados á creación de 76.479 prazas de Formación Profesional de aquí a finais de 2024. As comunidades autónomas tamén recibirán fondos para a creación de prazas públicas gratuítas no primeiro ciclo de Educación Infantil (0 a 3 anos). Trátase do último tramo do programa de cooperación territorial dotado con 142,4 millóns de euros. En total, destináronse 670,1 millóns, procedentes do Plan de Recuperación, dende 2021. O terceiro acordo supón a transferencia de 1,6 millóns de euros correspondentes ao programa Código Escola 4.0 para formar en programación, robótica e pensamento computacional a 5,5 millóns de alumnos e alumnas de centros públicos e concertados. Por último, unha nova partida orzamentaria destinada a cubrir os gastos derivados da escolarización dos nenos e mozos desprazados ao noso país pola guerra de Ucraína. As comunidades recibirán 41,9 millóns de euros para a contratación de persoal docente de reforzo e auxiliares de conversa, axudas para o transporte ou a compra de libros e material escolar, entre outras.

A Galicia correspóndelle para o financiamiento de prazas FP un total de 10.524.375 € e un número de prazas de 5.613; para o financiamento de prazas para 0-3 anos un total de 7.045.122 € e un número de prazas de 1.139; para o programa de acollida de ucraínos un total de 852.638,78 € e para o programa Código Escola un total de 95.568 €. Polo tanto, o importe total repartido a Galicia é de 18.517.704 € (5,6% do total repartido).