Estás en:
Atrás
O Goberno resolve a fase de deseño da primeira misión xeoestacionaria española para a distribución de claves cuánticas
Atrás
05/02/2024
O Goberno resolve a fase de deseño da primeira misión xeoestacionaria española para a distribución de claves cuánticas
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación (CDTI), resolveu a fase de deseño da primeira misión xeoestacioanaria española de distribución de claves cuánticas (QKD, quantum key distribution) para avanzar na seguridade das comunicacións. As empresas adxudicatarias son: Thales Alenia Space España S.A. para a submisión de QKD GEO, dirixida ao desenvolvemento dunha carga útil para embarcar nun satélite xeoestacionario a 35.786 quilómetros sobre o nivel do mar e o seu segmento terrestre asociado. Sener Aeroespacial S.A. e Telespazio ibérica S.L.U. para a submisión QKD LEO, dirixida ao desenvolvemento dunha carga útil destinada a ser embarcada nun satélite de órbita terrestre baixa e o seu segmento terrestre asociado. Ningún dos adxudicatarios é galego. O proceso de deseño de solucións de I+D dura ata 4 meses dende a data de adxudicación. Unha vez entregados e avaliados os deseños, a empresa seleccionada para cada presentación pasará á fase de desenvolvemento, construción, verificación e validación do prototipo, que ten unha duración de ata 20 meses. O proxecto, que se enmarca no ámbito de PERTE Aeroespacial, está dotado cun orzamento total de 125 millóns de euros con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, a través da Secretaría de Estatal de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, e xestionase a través do instrumento de compra pública precomercial do CDTI e en coordinación coa Axencia Espacial Española. O proxecto permitirá a creación de novo coñecemento a través da I+D innovadora, dado que non existen no mercado solucións tecnolóxicas que respondan a este reto tecnolóxico.