Atrás

O Goberno resolve provisionalmente as axudas de 508 millóns para dar cobertura 5G aos pequenos municipios

Atrás
30/05/2024

O Goberno resolve provisionalmente as axudas de 508 millóns para dar cobertura 5G aos pequenos municipios

O Ministerio de Transformación Dixital e Servizo Público, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, publicou a resolución provisional da convocatoria do programa UNICO Redes Activas, que destinará 508 millóns de euros á dotación da infraestrutura necesaria que proporcione cobertura 5G a máis de 1,8 millóns de habitantes de pequenos municipios.

Mediante este investimento, dotaranse os equipamentos e infraestruturas activas e pasivas necesarias para desenvolver esta tecnoloxía ás zonas rurais dos municipios de menos de 10.000 habitantes onde non exista cobertura móbil 4G, e non está previsto para os próximos tres anos, polo menos 50 Mbps descendente. Beneficiará a máis de 1,8 millóns de habitantes de pequenas poblacións, que terán acceso a 7.330 emplazamentos de toda España (174 delas de nova creación) á cobertura 5G, ademais de dar cobertura a 30.000 quilómetros da rede viaria.

Esta tarefa correrá a cargo dos catro operadores beneficiarios desta convocatoria , que mobilizarán máis de 566 millóns de euros . Ningunha das entidades beneficiarias é galega.

  • Telefónica foi a empresa participante que recibiu un maior importe de axudas, con máis de 298 millóns de euros e unha asignación de 4.123 emplazamentos.
  • Orange España supera os 115 millóns de euros para habilitar o 5G en 1.505 emplazamentos.
  • Vodafone España asume máis de 66 millóns de euros con 1.220 emplazamentos asignados.
  • A UTE Avatel-Xfera obtivo máis de 28 millóns para proporcionar 5G a 482 sitios.


Esta convocatoria é o maior investimento da historia posto en marcha en España para despregar tecnoloxía. Trátase dun programa pioneiro en Europa ao destinar fondos europeos para financiar equipos activos que amplían o despregamento territorial do 5G con plena funcionalidade (Stand Alone) nos pequenos municipios.