Atrás

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional da 2ª Convocatoria do Programa RENOCOGEN

Atrás
30/04/2026

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional da 2ª Convocatoria do Programa RENOCOGEN

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 30 de abril de 2026, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a proposta de resolución provisional da segunda convocatoria do Programa de incentivos para proxectos de produción de electricidade e calor a partir de enerxías renovables en substitución da produción baseada en combustibles fósiles (Programa RENOCOGEN), financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) no marco do compoñente 31 – REPowerEU. 

Segundo a convocatoria publicada o 23 de decembro de 2025, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 2 de marzo de 2026, o orzamento máximo establecíase en 50.000.000 €. Seleccionáronse provisionalmente 12 entidades, que obtiveron 21.192.763 € (o 42,39 % do total orzamentado). Entre as entidades beneficiarias non hai entidades galegas.

A distribución das entidades beneficiarias por comunidades autónomas é a seguinte:

CCAA

Nº Beneficiarios 

Total concedido (€)

% Sobre o concedido

Extremadura

1 5.811.608 27,42%
País Vasco 2 4.207.547 19,85%
Navarra 3 3.586.520 16,92%
Castilla y León 1 1.960.916 9,25%
Valencia 1 1.264.494 9,03%
Castilla-La Mancha 1 1.224.800 5,78%
Andalucía 1 775.698 3,66%
Cantabria 1 448.500 2,12%
Aragón      
Cataluña      
Murcia      
Galicia      
Asturias      
La Rioja       
Madrid       
Islas Baleares      

Islas Canarias 

     
Total 12 21.192.763