Atrás

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional da 2ª convocatoria dos Programas de incentivos a proxectos de redes de calor e frío

Atrás
27/05/2026

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional da 2ª convocatoria dos Programas de incentivos a proxectos de redes de calor e frío

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 26 de maio de 2026, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a proposta de resolución provisional da segunda convocatoria dos Programas de incentivos a proxectos de redes de calor e frío que utilicen fontes de enerxía renovable. 

Segundo a convocatoria publicada o 23 de decembro de 2025, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 27 de febreiro de 2026, establecíase un orzamento máximo de 40.000.000 € para o Programa de Incentivos 1 e de 10.000.000 € para o Programa de Incentivos 2, dotando á convocatoria dun orzamento total de 50.000.000 €. Seleccionáronse de maneira provisional 37 proxectos beneficiarios aos que se lles concederon 50.000.000 €. Entre os beneficiarios hai 3 entidades galegas que obtiveron un total de 7.767.613 € (un 15,53 % do total concedido). 

A distribución xeográfica dos proxectos beneficiarios é a seguinte:

CCAA

Nº Beneficiarios Total concedido (€)

% Sobre o concedido

Castilla y León 10 10.661.315 21,32%
Madrid 5 10.643.871 21,29%
Cataluña 8 8.226.610 16,45%
Galicia 3 7.767.613 15,54%
Castilla La Mancha 4 6.652.709 13,31%
Aragón  1 2.328.989 4,66%
Navarra 2 1.573.730 3,15%
Asturias 3 1.370.954 2,74%
Andalucía 1 774.210 1,55%
País Vasco      
Islas Canarias      
La Rioja      
Cantabria      
Valencia      
Extremadura      
Murcia       
Islas Baleares      
Total 37 50.000.000  

 

O detalle dos beneficiarios galegos é o seguinte:

CIF

Nome entidade Proxecto Municipio

Orzamento financiable (€)

Importe axuda (€)
P2702800J Concello de Lugo Ampliación red de calor con bombas biomasa en el “Parque da Milagrosa” propiedad del ayuntamiento de Lugo Lugo 577.096 395.888
B42724989 Lugo Eco Energias S.L. Nueva central de generación y nueva red de distribución de calor en Galicia 1 Ourense 13.200.000 4.019.400
B42724989 ECOFOREST GEOTERMIA, S.L.U Nueva central de generación y nueva red de distribución de calor en Galicia 2 Lugo 13.200.000 3.352.325
Total concedido (€) 26.977.096 7.767.613