Estás en:
O MINCOTUR publicou unha nova listaxe de solicitudes admitidas de maneira definitiva da convocatoria de Proxectos de produción de baterías de vehículo eléctrico (PERTE VEC – sección A)
O MINCOTUR publicou unha nova listaxe de solicitudes admitidas de maneira definitiva da convocatoria de Proxectos de produción de baterías de vehículo eléctrico (PERTE VEC – sección A)
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, publicou o 28 de novembro de 2023 a través da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana empresa, a listaxe actualizada de solicitudes estimadas de maneira definitiva da convocatoria de Proxectos de producción de baterías de vehículo eléctrico, convocatoria do ano 2023 enmarcada no PERTE VEC.
Segundo a convocatoria publicada o 6 de xullo de 2023, cuxo prazo rematou o 15 de setembro, o orzamento máximo fíxase en 837.000.000 €. A listaxe de solicitudes estimadas actualízase de maneira periódica. O día 28 de novembro, unha nova listaxe de solicitudes estimadas de maneira definitiva foi publicada, na cal unha das solicitudes provisionalmente seleccionada pasou ó listado definitivo de solicitudes estimadas, sendo o importe total concedido de 153.100 € (un 0,01 % do total orzamentado). Deste xeito, o importe total concedido nesta convocatoria a día de hoxe é de 628.856.034 € (un 75,13 % do total orzamentado). Non se engadiron máis beneficiarios galegos nesta listaxe.
O detalle do proxecto é o seguinte:
CIF | Nome beneficiario | Breve descrición actuación | Subvención proposta (€) | Préstamo proposto (€) |
B56210628 | OPTIMIZED BATTERY SYSTEMS S.L. | Desarrollo y producción de plataformas de gestión de baterías. | 153.150 | 0 |
Total concedido de axuda (€) | 153.150 | 0 |