Atrás

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación destina 3,5 millóns de euros para modernizar os equipos da Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro

Atrás
31/10/2022

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación destina 3,5 millóns de euros para modernizar os equipos da Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación destinará 3,5 millóns de euros para modernizar os equipos da Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro, dentro do PRTR, co obxectivo de asegurar o control e a vixilancia das actividades que se realizan con elas. Con este investimento, o Ministerio adquirirá 2 embarcacións especializadas, cámaras térmicas con GPS e drons, que permitirán a racionalización dos medios dispoñibles, mellorar a monotorización, incrementar a capacidade de vixilancia das embarcacións, e reducir as emisión de gases contaminantes. Tamén, está prevista a compra dun radioenlace para potenciar as prestación do radar da illa de Alborán desde as instalación do Centro de Operacións e Vixilancia de Acción Marítima (COVAM), e de vehículos submarinos operados a distancia (ROV) para o seguimento científico das reservas. A Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro teñen como principal obxectivo a conservación e rexeneración dos recursos pesqueiros autóctonos.