Atrás

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital da publicidade ó Acordo de aprobación do Plan Nacional de Algoritmos Verdes

Atrás
13/12/2022

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital da publicidade ó Acordo de aprobación do Plan Nacional de Algoritmos Verdes

O Consello de Ministros adoptou o Programa Nacional de Algoritmos Verdes, un compromiso do Plan de Recuperación que contará cun investimento de 278 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation EU para o desenvolvemento dunha tecnoloxía respetuosa co medioambiente, guiada por criterios de sustentabilidade e aplicada ó desenvolvemento de acción contra o cambio climático. Co obxectivo de impulsar unha Intelixencia Artificial (IA) Verde por Diseño (Green by Design), o PNAV persegue que desde a propia concepción e desenvolvemento inicial do algoritmo se incorporen variables de sustentabilidade medioambiental. Desta forma, explótanse as sinerxias entre a dobre transición verde e dixital. A iniciativa desenvolverase  entre 2023 y 2025 perseguindo que a concepción e o desenvolvemento inicial dos algoritmos se guíe por criterios de sustentabilidade ambiental (“Verde por Diseño”). Coa súa execución fomentarase a investigación en materia de IA sostible, a súa integración no texido productivo do país e o impulso a infraestruturas  e servizos máis eficientes, entre outras medidas. O programa enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a Axenda España Dixital 2026 e a Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial.

Documentos