Atrás

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades destina 38,3 M€ a proxectos de centros tecnolóxicos de excelencia

Atrás
27/03/2024

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades destina 38,3 M€ a proxectos de centros tecnolóxicos de excelencia

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou a resolución definitiva da Convocatoria de Centros Tecnolóxicos de Excelencia de Cervera 2023, pola que se destinan 38,3 millóns de euros, financiados con fondos europeos PRTR, a 12 proxectos de centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación. Dos cales un total de 2.425.842 € (6,33% do total concedido) foron concedidos a dúas entidades galegas para a súa participación en tres proxectos diferentes. As entidades galegas beneficiarias son: A FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DAS TELECOMUNICACIONES DE GALICIA pola súa participación en dous proxectos, “CONTRAMEDIDAS INTELIGENTES DE CIBERSEGURIDAD PARA LA RED DEL FUTURO” por un importe de 976.820 € e “6G DISTRIBUTED AND FEDERATED EXPERIMENTS IN RADIO, EDGE AND NON-TERRESTRIAL NETWORKS por un importe de 799.257 €; e á FUNDACIÓN INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA pola súa participación no proxecto “CONSORCIO CERVERA PARA LA ALIANZA DE CENTROS TECNOLOGICOS PARA LA INNOVACION EN APLICACIONES QUANTUM COMPUTING PARA LA EMPRESA”  que obtén un importe de 649.765 €.

O obxectivo desta convocatoria, xestionada polo Centro de Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (CDTI), é reforzar as capacidades dos centros tecnolóxicos que desenvolven investigación aplicada en España e potenciar a súa capacidade de colaboración con outros axentes, especialmente empresas. En concreto, os 12 proxectos aprobados están dirixidos á realización de programas estratéxicos de I+D+i no ámbito das tecnoloxías prioritarias de Cervera (agás na área de Deep learning e Intelixencia Artificial). As áreas tecnolóxicas prioritarias de Cervera son: materiais avanzados, economía circular, transición enerxética, fabricación intelixente, tecnoloxías sanitarias, cadea alimentaria segura e saudable, redes móbiles avanzadas, transporte intelixente, protección da información e computación cuántica.