Estás en:
O Ministerio de Educación e FP pon en marcha a rede de centros de excelencia de Formación Profesional
O Ministerio de Educación e FP pon en marcha a rede de centros de excelencia de Formación Profesional
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) seleccionou 44 centros públicos entre os candidatos á convocatoria de axudas posta en marcha o pasado mes de xullo para a creación da rede estatal de centros de excelencia de Formación Profesional. Estes centros, ubicados nas 17 comunidades autónomas, recibirán un financiamento de ata 41,6 millóns de euros. Este investimento, procedente do compoñente 20 do PRTR, servirá para levar a cabo os plans de calificación e integración. As Administracións autonómicas son as pereceptoras do investimento e responsables da súa xustificación. Os fondos servirán para financiar os Proxectos de incorporación a esta rede dos centros seleccionados. Estos imparten ofertas de Formación Profesional vinculadas ó Catálogo Nacional de Calificacións Profesionais e pertencentes a sectores profesionais predefinidos.