Estás en:
O Ministerio de Facenda aproba unha Orde para previr o risco de conflicto de interese nos procedementos que executa o Plan de Recuperación
O Ministerio de Facenda aproba unha Orde para previr o risco de conflicto de interese nos procedementos que executa o Plan de Recuperación
O Boletín Oficial do Estado (BOE) do 25 de xaneiro, publicou a Orde do Ministerio de Facenda e Función Pública pola que se regulan os aspectos necesarios para cumprir coa disposición adicional centésima décima segunda da Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2023. Esta disposición é a relativa ó procedemento de Análise sistemático e automatizado do risco do conflicto de interese nos procedementos que executa o PRTR. Así mesmo, permite cumprir cunha esixencia da Comisión Europea a todos os Estados Membros no ámbito da execución dos plans de recuperación e transformación aprobados. Esta Análise “ex ante” realizarase nos procedementos de adxudicación de contratos e de concesión de subvencións vinculados á execución do citado Plan de Recuperación, co obxectivo de verificar a ausencia de conflicto de interese entre os membros dos órganos de contratación e de concesión de subvencións, e os participantes nos citados procedementos nas diferentes fases do mesmo. Todo se realizará baseándose nunha ferramenta informática de “data mining” da Axencia Tributaria, MINERVA. A través da devandita aplicación informática da Axencia Tributaria analizaránse as posibles relacións familiares ou vinculacións societarias, directas ou indirectas, nas que poida existir un interese persoal ou económico susceptible de provocar un conflicto de interese, coa particularidade de que na devandita Análise se terá en conta a titularidade real dos licitadores ou solicitante. Por último, créase a unidade especializada de asesoramento en materia conflicto de interese na Intervención Xeral da Administración do Estado, que terá entre as súas función difundir boas prácticas para evitar e previr conflictos de interese ou elaborar manuais prácticos sobre a identificación e a forma de abordar situacións de conflictos de interese.