Atrás

O Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública e o BEI reafirman os seus compromisos co impulso do sector tecnolóxico

Atrás
31/10/2024

O Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública e o BEI reafirman os seus compromisos co impulso do sector tecnolóxico

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, mantivo un encontro coa presidenta do Banco Europeo de Investimentos (BEI), Nadia Calviño, no que reafirmou o compromiso do Goberno no apoio financeiro aos proxectos que persigan o fortalecemento e crecemento das empresas tecnolóxicas.

O BEI ten prevista a ampliación do Fondo da Iniciativa Europea de Campións da Tecnoloxía (ETCI), un programa lanzado pola UE para apoiar proxectos tecnolóxicos, e que se financia con fondos da UE, do BEI e achegas de varios estados membros.

Ata o momento, España achegou 400 millóns de € con cargo ao fondo Next Tech (PRTR) e continuará ampliando eses fondos. Doutra banda, e dentro desta estratexia europea de fomentar o desenvolvemento de empresas tecnolóxicas punteiras, o fondo do BEI (FEI) investiu 350 millóns de € nun instrumento de capital risco español, Kembara, centrado en Deep Tech e clima.