Atrás

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aproba a Estratexia Indicativa Ferroviaria 2021-2026 con 24.200 millóns de euros de investimentos

Atrás
30/12/2022

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aproba a Estratexia Indicativa Ferroviaria 2021-2026 con 24.200 millóns de euros de investimentos

O reto da Estratexia, que contempla movilizar 24.200 millóns de euros en investimentos entre 2021 e 2026, é debuxar o primeiro paso da planificación ferroviaria para constituir un sistema coherente e eficaz, incorporando obxectivos sociais, medioambientais e de eficiencia económica coa mesma importancia que os funcionáis e territoriais. Trátase do instrumento de maior rango dentro da planificación sectorial ferroviaria e constitúe unha palanca fundamental para o cambio de paradigma da política de transportese que promove a Estratexia de Mobilidade Segura, Sostible e Conectada 2030, para adaptala á situación presente e ós novos retos aos que se enfrenta o sistema de transporte. Con esta aprobación cúmplese co establecido na Lei 38/2015 do Sector Ferroviario, que á súa vez traspón a Directiva 2012/34/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, pola que se establece un espazo ferroviario único europeo. A súa elaboración tamén estaba prevista tanto na mencionada Estratexia de Mobilidade, como no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, sendo unha das reformas incluídas dentro do componente 6, Mobilidade Sostible, segura e conectada.