Estás en:
O Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública publica a resolución provisional das axudas para a transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos
O Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública publica a resolución provisional das axudas para a transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos
O Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública publicou o 23 de outubro de 2024, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, a proposta de resolución de concesión provisional das axudas para a transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante a creación de demostradores e casos de uso de Espazos de Compartimento de Datos, para o ano 2024.
A convocatoria publicada o 22 de decembro de 2023, cuxo prazo rematou o 16 de maio de 2024, establece un orzamento máximo de 150.000.000 €. Foron seleccionados provisionalmente 90 proxectos, sendo o importe total concedido de 83.045.424 € (un 55,36 % do total orzamentado). Entre os proxectos beneficiarios hai 8 levados a cabo por entidades galegas que captaron 6.214.379 € (un 7,48 % do total concedido).
O detalle dos proxectos e entidades beneficiarias é o seguinte:
| CIF | Nome beneficiario | Título proxecto | Total concedido (€) |
| G15852981 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALLEGA CENTRO TECNOLÓGICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA | DEMOSTRADOR MULTISECTORIAL DATALIFE | 3.077.058 |
| A36608800 | HERMASA CANNING TECHNOLOGY S.A. | HERMASA STAR TUNA HUB | 394.006 |
| G36911972 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA GALICIA SUR | AIDATAMED | 487.826 |
| G36911972 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA GALICIA SUR | (BRILLIANT) OBSERVATORIO DE SARCOPENIA | 626.108 |
| G36911972 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA GALICIA SUR | GIFT (GASTROENTEROLOGY INTERFACE WITH FAIR TREATMENT) | 505.159 |
| B02911808 | INVERBIS ANALYTICS S.L. | SALUSBENCH | 432.473 |
| Q8650002B | UNIVERSIDADE DE VIGO | CELIASPACE: CASO DE USO DE DATOS DE ASISTENTES CONVERSACIONALES PARA LA EVALUACIÓN DE LA SALUD | 367.643 |
| B44871093 | NM IOT S.L. | MOIRAI DATA | 324.106 |
| Total concedido de axuda (€) | 6.214.379 | ||