Atrás

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publica a proposta de resolución definitiva da Segunda Convocatoria en concorrencia competitiva para financiar o desenvolvemento de demostradores e casos de uso de espazos de datos

Atrás
12/05/2025

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publica a proposta de resolución definitiva da Segunda Convocatoria en concorrencia competitiva para financiar o desenvolvemento de demostradores e casos de uso de espazos de datos

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publicou o 12 de xuño de 2025 a proposta de resolución definitiva, da Segunda Convocatoria en concorrencia competitiva para financiar o desenvolvemento de demostradores e casos de uso de espazos de datos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A convocatoria publicada o 27 de decembro de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 30 de xaneiro do 2025, establecía un orzamento máximo de 74.577.854 €. Seleccionáronse de maneira definitiva un total de 84 proxectos, sendo o importe total concedido de 57.754.663 € en forma de subvención (un 77,44 % do total orzamentado). Quedan aínda un 22,56 % dos fondos por asignar. Hai 4 beneficiarios galegos cun total concedido de 1.549.684 € (un 2,68 % sobre o total concedido).

Os 4 proxectos beneficiarios galegos incluídos na proposta de resolución definitiva son os seguintes:

Nome beneficiario

Título proxecto

Municipio

Total concedido (€)

UNIVERSIDAD DE VIGO

GTI-track: Caso de Uso de Soporte a Pilotos de Movilidad Autónoma en
Redes Celulares Inteligentes

Vigo (Pontevedra)

372.644

AGENCIA GALLEGA PARA LA
GESTIÓN DEL CONOCIMIENTO EN
SALUD

ImageDataSpace

Santiago de Compostela (A Coruña)

445.938

FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE
INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA
GALICIA SUR

BiomeXplore

Vigo (Pontevedra)

263.362

QUOBIS NETWORKS SL

CallTrust DataSpace. Espacio colaborativo para prevenir llamadas no
deseadas con datos confiables

O Porriño (Pontevedra)

467.740

Total (€)

1.549.684