Atrás

O Ministerio para á Transformación Dixital e Función Pública publica a resolución de concesión do Programa UNICO I+D 6G 2023

Atrás
08/05/2024

O Ministerio para á Transformación Dixital e Función Pública publica a resolución de concesión do Programa UNICO I+D 6G 2023

O Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública publicou o 8 de maio de 2024, a resolución de concesión definitiva das Axudas para o financiamento de infraestruturas de investigación, adquisición de equipamento científico-técnico e proxectos de I+D en 5G avanzados do Programa Único de I+D 6G 2023.

Segundo a convocatoria publicada o 28 de decembro de 2022, e cuxo prazo rematou o 13 de abril de 2023, o orzamento máximo establécese en 62.000.000 €. Seleccionáronse 43 proxectos, sendo o importe total concedido 61.220.975 € (o 98,74% do total orzamentado). Entre os beneficiarios atópanse catro entidades galegas, que obtiveron un total de 5.614.344 €, o que supón o 9,17% do total concedido a nivel nacional.

Os datos das entidades galegas beneficiarias son os seguintes:

 

Beneficiario

Provincia sede empresa

Importe axuda

Universidade de Vigo

Pontevedra

4.585.626 €

Optare Solutions, S.L.

Pontevedra

272.696 €

Egatel, S.L.

Ourense

493.845 €

Quobis Network, S.L.

Pontevedra

262.177 €

Total concedido de axuda

 

5.614.344 €