Atrás

Transición Ecolóxica publica a proposta para regular as comunidades enerxéticas

Atrás
21/04/2023

Transición Ecolóxica publica a proposta para regular as comunidades enerxéticas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico lanzou a información pública o texto dun Real Decreto para regular as dúas figuras xurídicas comprendidas dentro do ámbito das comunidades enerxéticas –as comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía-. Estas comunidades contarán cun cupo específico nas subastas de Réxime Económico de Enerxías Renovables e con reserva de capacidade nos nós da rede eléctrica obxecto de concurso para garantir a evacuación da súa producción. O Proxecto Estratéxico para a Recuperación e a Transformación Económica de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento (PERTE ERHA) inclúe unha liña de apoio específica para comunidades enerxéticas. Dotada con 100 millóns de euros, xa fallaron as dúas primeiras convocatorias, con 40 millóns que beneficiaron a 73 comunidades integradas por máis de 95.000 socios. As aportacións ao proxecto do Real Decreto deben remitirse ata o próximo 17 de maio inclusive.