Estás en:
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publica a resolución definitiva de concesión das axudas da segunda convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, para o 2023, enmarcadas no PERTE Dixitalización do ciclo da auga
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publica a resolución definitiva de concesión das axudas da segunda convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, para o 2023, enmarcadas no PERTE Dixitalización do ciclo da auga
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 4 de outubro de 2024, a través da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, a resolución definitiva de concesión da segunda convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, incluído no ciclo PERTE Dixitalización do ciclo da Auga.
A convocatoria publicada o 4 de outubro de 2023, e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 13 de decembro de 2023, estableceu un orzamento máximo de 200.000.000 €. el BOE núm.148, do 19 de xuño de 2024, incrementouse o citado orzamento con 100.000.000 € adicionais, tendo así un orzamento máximo de 300.000.000 €. Seleccionáronse 50 proxectos, sendo o importe concedido 300.000.000 €. Entre os beneficiarios hai 5 entidades galegas, que obtiveron un total de 16.247.013 €, o que supón o 5,42 % do total concedido a nivel nacional.
Os datos das entidades galegas é o seguinte:
| Nome beneficiario | Título do proxecto | Total concedido de axuda (€) |
| SERVIZOS URBANOS MUNICIPAIS DE ARTEIXO, S.A. | ARTEIXO/SUMAGUA_2025 | 1.288.570 |
| CONSORCIO PARA A XESTIÓN DO CICLO URBANO DA AUGA DO LOURO. | PROYECTO PARA LA MEJORA DE LA EFICIENCIA Y DIGITALIZACIÓN DEL CICLO URBANO DEL AGUA EN EL CONSORCIO DE AGUAS DEL LOURO | 4.719.912 |
| AGRUPACIÓN DE LOS AYUNTAMIENTOS DE A CAÑIZA, MELÓN, MONDARIZ, MONDARIZ BALNEARIO, O CARBALLIÑO Y MASIDE. | PROYECTO INTEGRAL DE DIGITALIZACIÓN DEL CICLO INTEGRAL DEL AGUA EN LOS AYUNTAMIENTOS DE A CAÑIZA, O CARBALLIÑO, MONDARIZ, MONDARIZ BALNEARIO, MASIDE Y MELÓN | 4.809.630 |
| CONCELLO DE OURENSE | OURENSE TERMAL, VERDE Y DIGITAL | 4.297.591 |
| CONCELLO DE AMES | AMES DIGITAL WATER | 1.131.310 |
| Total en (€) | 16.247.013 | |