Atrás

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou a resolución definitiva da Segunda convocatoria de subvencións de proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío, no marco do PERTE de Dixitalización do ciclo da auga

Atrás
27/11/2025

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou a resolución definitiva da Segunda convocatoria de subvencións de proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío, no marco do PERTE de Dixitalización do ciclo da auga

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 27 de novembro de 2025, a través da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, a Resolución definitiva da Segunda convocatoria de subvencións de proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío, no marco do PERTE de Dixitalización do ciclo da auga.

Segundo a convocatoria publicada o 23 de outubro de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 22 de xaneiro de 2025, establecíase un orzamento máximo de 100.000.000 €Na proposta de resolución provisional publicada o 20 de outubro de 2025, seleccionáronse un total de 258 beneficiarios3 deles galegos, aos que se lles concederon provisionalmente 100.000.000 € (o 100% do importe orzamentado).

Na resolución definitiva publicada o 27 de novembro de 2025, non houbo variacións no total resolto, concedéndose novamente a totalidade do orzamento (100.000.000 €) aos 258 beneficiarios. Porén, si se produciron cambios no total captado polos beneficiarios. As entidades galegas beneficiarias non variaron con respecto á resolución provisional, pero si aumentou o total concedido, sendo este 530.022 €, dado que a entidade “COMUNIDADE DE REGANTES RÍO PEQUENO DE COSPEITO” obtivera na resolución provisional 88.548 €, mentres que na resolución definitiva lle concederon 112.938 €.

Así, a distribución dos beneficiarios e o total concedido polas distintas CCAA é a seguinte:

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido (€)

% Sobre o concedido

C. Valenciana

58

22.2057.779

22,06%

Castilla y León

36

17.713.855

17,71%

Andalucía

42

16.220.064

16,22%

Murcia

23

10.471.435

10,47%

Aragón

38

10.008.022

10,01%

Cataluña

17

7.609.359

7,61%

Castilla La-Mancha

15

6.601.135

6,60%

Extremadura

9

3.842.134

3,84%

La Rioja

5

2.674.277

2,67%

Navarra

8

1.406.797

1,41%

Galicia

3

530.022

0,53%

Islas Canarias

2

242.853

0,24%

Madrid

1

514.614

0,51%

País

1

107.648

0,11%

Islas Baleares 

 

 

 

Asturias

 

 

 

Cantabria

 

 

 

Total

258

100.000.000

 

 

A Comunidade Valenciana é a CCAA que máis axudas captou nesta convocatoria, igual que na convocatoria provisional, obtendo máis do 22% dos fondos concedidos. Castela e León ocupa a segunda posición con máis de 17,7 M€ concedidos. Galicia sitúase na 11ª posición con 530.022 € concedidos.

O detalle das entidades galegas é o seguinte:

CIF

Beneficiario

Importe ayuda (€)

G32304180

C.R. ANTIOQUÍA

239.962

V32123606

COMUNIDAD DE REGANTES DE ANTELA

177.122

E27018449

COMUNIDAD DE REGANTES RIO PEQUEÑO DE COSPEITO

112.938

Total concedido (€)

530.022