Estás en:
Atrás
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico publicou a consulta pública previa da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das convocatorias de axudas do programa de incentivos a proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas (programa CE Implementa)
Atrás
08/04/2024

A norma que pretende desenvolver establecerá as bases reguladoras para a concesión de subvencións a proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas. Os obxectivos a acadar son fundamentalmente os seguintes:
Co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento normativo, realizarase unha consulta pública na que se recollerá a opinión dos suxeitos sobre:
- No marco do PRTR e aliñados co Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, impulsar o desenvolvemento de proxectos no ámbito das enerxías renovables a través das comunidades enerxéticas.
- Mellora da seguridade xurídica e da eficacia normativa.
- Facilitar a xestión das subvencións.
- Incrementar a asistencia dos interesados nas distintas convocatorias.
- Dotar de total transparencia ao procedemento de xestión das subvencións.
As alegacións poderán presentarse dende o 8 de abril de 2024 ata o 22 de abril de 2024. As alegacións poden enviarse ao enderezo electrónico: bzn-comunidadenergia@miteco.es
Deberán indicar as seguintes preguntas:
- Asunto: "CPP Comunidades".
- Nome e apelidos/nome ou razón social do participante
- Organización ou asociación (se procede)
- Contacto (correo electrónico)