Estás en:
Atrás
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico publicou a consulta pública previa da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das convocatorias de axudas a proxectos singulares de instalacións de biogás e biometano
Atrás
08/04/2024

A norma que se pretende desenvolver establecerá as bases reguladoras para a concesión de subvencións para proxectos singulares de instalación de biogás e biometano. Os obxectivos a acadar son fundamentalmente os seguintes:
- No marco do PRTR e aliñados co Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, promover o desenvolvemento de proxectos no ámbito da bioenerxía, en concreto do biogás e do biometano .
- Mellora da seguridade xurídica e da eficacia normativa.
- Facilitar a xestión das subvencións.
- Incrementar a asistencia dos interesados nas distintas convocatorias.
- Dotar de total transparencia ao procedemento de xestión das subvencións.
As alegacións poderán presentarse dende o 8 de abril de 2024 ata o 22 de abril de 2024 . As alegacións poderán enviarse ao enderezo electrónico: bzn-biogas@miteco.es
Deberán indicar as seguintes preguntas:
- Asunto: "CPP biogás ".
- Nome e apelidos/ denominación ou razón social do participante
- Organización ou asociación (se procede)
- Contacto (correo electrónico)