Estás en:
O Ministerio para a Transición Ecolóxica publica a resolución de concesión definitiva do Programa “Reto Rural Digital” para a capacitación dixital no ámbito rural
O Ministerio para a Transición Ecolóxica publica a resolución de concesión definitiva do Programa “Reto Rural Digital” para a capacitación dixital no ámbito rural
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 20 de marzo de 2025, a través da Dirección Xeral de Políticas contra a despoboación, a Resolución de concesión definitiva da liña de axudas do Programa “Reto Rural Digital” para a capacitación dixital no ámbito rural.
Segundo a convocatoria publicada o 12 de decembro de 2023, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 12 de febreiro de 2024, o orzamento máximo establécese en 21.000.000 €. Seleccionáronse 40 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 21.000.000 €. Entre os beneficiarios hai 4 entidades galegas, que recibiron un total de 2.596.788€ (un 12,37% do total adxudicado):
O detalle das entidades é o seguinte:
Entidad | Proyecto | Importe ayuda (€) |
Unións agrarias | Digital Skills con CDB, CDA, SI, MCB y MCDASI para habitantes de Galicia | 346.788 |
Diputación Provincial de Lugo | Programas de capacitación digital para habitantes de Lugo | 750.000 |
Diputación Provincial de A Coruña | Conecta Rural para habitantes de A Coruña | 750.000 |
Diputación Provincial de Ourense | Programa formativo de capacitación digital en 91 municipios con menos de 20.000 habitantes distribuidos en 12 comarcas | 750.000 |
Total (€) | 2.596.788 |