Atrás

O ministro de Industria e Turismo anuncia o lanzamento da segunda convocatoria do PERTE Chip dotado con 200 millóns de €

Atrás
18/10/2024

O ministro de Industria e Turismo anuncia o lanzamento da segunda convocatoria do PERTE Chip dotado con 200 millóns de €

O ministro de Industria e Turismo anunciou que a próxima semana publicarase no BOE a orde de bases e a segunda convocatoria do PERTE Chip, dotada con 200 millóns de €. Así o anunciou durante a súa intervención na xornada organizada pola Deputación de Barcelona “Fomentando a política industrial.O papel estratéxico dos polígonos”.

Esta nova convocatoria terá dous apartados, un destinado a impulsar proxectos na cadea de valor da microelectrónica e un segundo apartado dirixido a Proxectos Importantes de Interese Común Europeo. O primeiro tramo estará dotado cun total de 110 millóns de € e o segundo, con 90 millóns de €. Na primeira convocatoria de PERTE Chip, adxudicáronse 65,4 millóns de € ás empresas KDPOF e Semidynamics .