Estás en:
O ministro de Industria e Turismo anuncia que a segunda convocatoria do PERTE Agroalimentario estará dotada con 300 M€
O ministro de Industria e Turismo anuncia que a segunda convocatoria do PERTE Agroalimentario estará dotada con 300 M€
O Ministerio de Industria e Turismo lanzará nos próximos meses a segunda convocatoria do PERTE Agroalimentario dotada con 300 millóns de euros (100 millóns en subvencións e 200 millóns en préstamos), que contará con melloras para facilitar un maior grao de participación das pemes, segundo anunciou este venres o ministro durante a visita á empresa cárnica Incarlopsa en Tarancón (Cuenca). Entre elas, modificarase o esquema de presentación de solicitudes, que se baseará en proxectos individuais, co fin de simplificar e flexibilizar o proceso para as empresas. O obxectivo desta nova liña de axudas é seguir apoiando a transformación, sustentabilidade e modernización da industria deste sector. O ministro lembrou que a primeira convocatoria de PERTE Agro adxudicou 182 millóns de euros. Trátase dun PERTE que tivo unha gran capilaridade en todo o territorio. De feito, as axudas chegaron a máis de 286 proxectos primarios, de 224 empresas, con actuacións en 14 comunidades autónomas. En Galicia, o proxecto de tractor SMARTZ4MILK, liderado polo GRUPO LENCE, obtivo unha axuda de 9,7 millóns de euros.