Atrás

O MINTUR publica a proposta de resolución provisional de axudas ao desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas, no marco do PERTE-DI (Liña 4)

Atrás
25/04/2025

O MINTUR publica a proposta de resolución provisional de axudas ao desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas, no marco do PERTE-DI (Liña 4)

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 25 de abril de 2025 a proposta de resolución provisional de axudas para o desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas, como parte do PERTE-DI (Liña 4), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A convocatoria publicada o 7 de agosto de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 26 de setembro de 2024, establecía un orzamento máximo de 140.000.000 €. Seleccionáronse provisionalmente un total de 5 proxectos, cun importe total outorgado de 90.000.000 € en forma de subvención (o 64,28 % do orzamento total). Aínda queda por asignar o 35,71 % dos fondos. Non hai beneficiarios galegos nesta convocatoria.

Os proxectos beneficiarios incluídos na proposta de resolución provisional son os seguintes:

Nome beneficiario

Título proxecto

CCAA

Total concedido subvención (€)

ALIER

NUEVA INSTALACIÓN DE PRODUCCIÓN Y RECICLADO DE PLACAS DE YESO ALTAMENTE EFICIENTE Y DESCARBONIZADA [GYPZERO]

ARAGÓN

9.637.141

HYDNUM PUERTOLLANO

NUEVA INSTALACIÓN INDUSTRIAL ALTAMENTE EFICIENTE Y DESCARBONIZADA PARA LA FABRICACIÓN DE ACERO PLANO VERDE

CASTILLA LA MANCHA

60.000.000

CIMSA CEMENTOS ESPAÑA

Descarbonización industrial del sector de paneles minerales aislantes

VALENCIA

3.715.624

BIOTÉRMICA VILLANUEVA

Nueva línea de secado eficiente y descarbonizada para manufactura de cáscara de naranja seca

ANDALUCÍA

10.196.004

BIOTÉRMICA VILLANUEVA

Nueva línea de secado eficiente y descarbonizada para manufactura de orujo seco

ANDALUCÍA

6.451.231

Total (€)

90.000.000

 

A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas é a seguiente:

PERTE DI – LÍNEA 4

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido subvención (€)

%Sobre o concedido

Castilla La Mancha

1

60.000.000

66,67%

Andalucía

2

16.647.235

18,50%

Aragón

1

9.637.141

10,71%

Valencia

1

3.715.624

4,13%

Cataluña

 

 

0,00%

Extremadura

 

 

0,00%

País Vasco

 

 

0,00%

Castilla y León

 

 

0,00%

Madrid

 

 

0,00%

Navarra

 

 

0,00%

Galicia

 

 

0,00%

Cantabria

 

 

0,00%

Murcia

 

 

0,00%

Asturias

 

 

0,00%

Islas Canarias

 

 

0,00%

La Rioja

 

 

0,00%

Islas Baleares 

 

 

0,00%

Total

5

90.000.000

 

 

Castilla La Mancha é a CCAA con máis axudas concedidas, o 66,67 % do total concedido. Andalucía posicionase en segundo lugar, con dous proxectos beneficiarios, o que supón un 18,50 % do total concedido a nivel nacional. O terceiro e cuarto posto ocupano Aragón e Valencia cun 10,71 % e un 4,13% respectivamente. Galicia non obtivo axudas nesta convocatoria.