Atrás

O MINTUR publica a resolución pola que se conceden axudas para fomentar a consolidación da investigación, cuxa liña de axudas “CHIPS” forma parte do PERTE CHIP

Atrás
12/06/2024

O MINTUR publica a resolución pola que se conceden axudas para fomentar a consolidación da investigación, cuxa liña de axudas “CHIPS” forma parte do PERTE CHIP

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou o 12 de xuño de 2024, a través da Axencia Estatal de Investigación, a resolución pola que se conceden as axudas para a consolidación investigadora da convocatoria 2023 dentro do Programa Estatal de Desenvolvemento, Atracción e Retención do Talento, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023 , no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Entre as liñas de axuda desta convocatoria destaca a liña “CHIPS” , que forma parte do PERTE CHIP.

Segundo a convocatoria publicada o 16 de xuño de 2023, cuxo prazo rematou o 26 de xullo de 2023, o orzamento máximo establécese en 96.000.000 €, con 10.000.000 € destinados á liña “CHIPS” do PERTE CHIP.

Dentro da liña “CHIPS” foron seleccionados 26 proxectos, sendo o importe total concedido 7.755.674 € , o 77,56% do total orzamentado Non hai entidades galegas entre os beneficiarios da liña “CHIPS”.

Do orzamento total da convocatoria resolveuse por 93.310.684 € ( o 97,20% do orzamento ). Dentro desta contía, concedéronse 4.882.755 euros a 23 centros galegos , o que supón o 5,23% do total resolto a nivel nacional.