Atrás

O MITECO adxudica 146 MW de biomasa e 31 MW de fotovoltaica distribuida de carácter local

Atrás
26/10/2022

O MITECO adxudica 146 MW de biomasa e 31 MW de fotovoltaica distribuida de carácter local

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) adxudicou onte 146 MW de biomasa e 31 MW de fotovoltaica distribuida de carácter local na terceira subasta para a asignación do Réxime Económico de Enerxías Renovables (REER), da cal se pode consultar no enlace a súa resolución. A súa materialización movilizará máis de 400 millóns de euros de inversión e xerará uns 4.400 postos de traballo. A Subasta celebrouse nun escenario económico marcado pola guerra en Ucrania que condicionou as ofertas dos participantes e os resultados. O MITECO subastaba unha potencia dee 520 MW para o outorgamento do REER a instalacións de tecnoloxía solar termoeléctrica, biomasa, solar fotovoltaica distribuida e outras tecnoloxías renovables. A actual coxuntura, con elevada inflación, tipos de interese á alza e tensión de prezo nas materias primas e nos equipamentos, provocou que os participantes presentasen ofertas por encima do prezo máximo admitido polas regras da subasta. A subasta permitirá movilizar recursos económicos por uns 416 millóns, asociados á fabricación de equipamentos e a construcción das instalación gañadoras, e á creación duns 4.400 postos de traballo, entre emprego directo, indirecto e inducido.