Atrás

O MITECO destina 250 M€ en axudas á electrificación da mobilidade con MOVES Corredores de Carga e Flotas Plus.

Atrás
15/01/2026

O MITECO destina 250 M€ en axudas á electrificación da mobilidade con MOVES Corredores de Carga e Flotas Plus.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), aprobou a convocatoria de dous novos programas MOVES (Mobilidade Sostible) de axudas á electrificación da mobilidade; MOVES Corredores de Carga e MOVES Flotas Plus. As iniciativas, dotadas en conxunto con 250 M€, pretenden reforzar a infraestrutura de carga das estradas españolas e renovar o parque de vehículos de empresas e consorcios. Ambas convocatorias, as cales se outorgarán en réxime de concorrencia competitiva en forma de subvención, poderanse solicitar entre o 23 de decembro de 2025 ás 09:00 h e o 10 de febreiro de 2026 ás 12:00 h.

MOVES Corredores de Carga destinará 200 M€, financiados polos fondos NextGenerationEU, a proxectos de puntos de carga de acceso público ao longo das principais redes de estradas españolas, buscando así crear unha rede de carga con plena conectividade transfronteiriza na Unión Europea. O orzamento poderá ampliarse ata ao menos 100 M€ procedentes de fondos FEDER.

Os beneficiarios poderán ser operadores de puntos de carga de acceso público e serán elixibles tanto novas infraestruturas como ampliacións de outras xa existentes, situadas nos denominados “tramos de sombra”, os cales se refiren a aqueles tramos que aínda non cumpren coa cobertura mínima esixida en 2030 polo regulamento AFIR. Ademais, incluiranse como gastos subvencionables as instalacións de produción de enerxía renovable e de almacenamento vinculadas aos proxectos subvencionables. A axuda poderá alcanzar o 70% da inversión, cun 5% adicional se se trata de equipos de fabricación europea. Os proxectos deberán executarse nun prazo máximo de 36 a 42 meses.

Deste xeito, prevese a instalación de unhas 200 electrolinarias, con potencias mínimas de entre 300 e 400 kW por estación, o que suporá arredor de 1.800 novos puntos de carga.

MOVES Flotas Plus conta cun orzamento inicial de 50 M€, destinados á electrificación de flotas empresariais e consorcios. A diferenza das tres convocatorias anteriores de subvencións á electrificación de vehículos lixeiros de empresa, esta nova iniciativa amplía o seu alcance incentivando proxectos integrais que operen en ao menos dúas comunidades autónomas ou en un territorio extrapeninsular.

Os beneficiarios poderán ser empresas públicas ou privadas, así como consorcios e agrupacións empresariais, con ou sen personalidade xurídica, que operen ou xestionen puntos de carga, tanto para novas instalacións como para ampliación ou renovación de instalacións xa existentes. A través dunha única solicitude, e na que se poderán incluír un mínimo de 10 vehículos e un máximo de 500, poderanse adquirir vehículos eléctricos para distintas sedes e desenvolver solucións de carga, podendo nesta convocatoria incluír como custos subvencionables os ciclos con asistencia ao pedaleo para reparto de última milla, o retrofit e o estudo previo de viabilidade para a electrificación da flota. A intensidade da axuda será variable en función do beneficiario e da tipoloxía do vehículo, sendo do 40% no resto das actuacións, podendo ampliarse ata o 50% no caso das pymes. Os proxectos deberán executarse nun prazo máximo de 18 a 24 meses.

Estímase que esta convocatoria de Flotas Plus impulse en torno a 100 proxectos de electrificación de flotas, supoñendo a renovación de uns 25.500 vehículos, cun aforro enerxético anual de 11,5 ktep e evitando arredor de 32.000 toneladas de CO₂ ao ano.

As axudas dos programas MOVES Corredores de Carga e MOVES Flotas Plus enmarcanse no cumprimento dos obxectivos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) e do Programa Nacional de Control da Contaminación Atmosférica, ambos partes da Inversión 9 do Compoñente 31. Ambos programas finalizan o prazo de presentación de solicitudes o 10 de febreiro ás 12:00 h.