Estás en:
O MITECO lanza a 2º convocatoria do MOVES Singulares II, con 264 millóns para proxectos innovadores de mobilidade eléctrica
O MITECO lanza a 2º convocatoria do MOVES Singulares II, con 264 millóns para proxectos innovadores de mobilidade eléctrica
A nova convocatoria da segunda edición do MOVES Singulares, xestionadas polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDEA), incentivará proxectos innovadores das empresas españolas que, cunha inversión mínima de 100.000 euros, que promovan o salto tecnolóxico cara o vehículo eléctrico e de pila de combustible. O Ministerio para a transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) lanza a segunda convocatoria do Programa MOVES Singulares II, cun orzamento de 264 millóns de euros dos fondos PRTR para fomentar a madurez tecnolóxica do vehículo eléctrico e de pila de combustible para facilitar a súa comercialización. Esta nova convocatoria lánzase tra-lo éxito da primeria: cun orzamento de 100 millóns ao que se presentaron 175 proxectos por valor de 386 millóns. Poderán beneficiarse todo tipo de empresas con independencia do seu tamaño, universidades e centros de investigación e desenvolvemento, así como entidades do sector público institucional. En contrato, MOVES Singulares II vincúlase coa Inversión 2 do Compoñente 1 do PRTR, o que contempla un “plan para incentivos á instalación dos puntos de recarga públicos e privados, á adquisición de vehículos eléctricos e de pila de combustible e liñas de impulso a proxectos singulares e de innovación en electromobilidade, recarga e hidróxeno verde para favorecer a mobilidade eléctrica.