Estás en:
O MITECO publica a proposta de resolución definitiva da primeira convocatoria de axudas para a creación de grandes vales ou clusters de hidróxeno renovables (PERTE ERHA)
O MITECO publica a proposta de resolución definitiva da primeira convocatoria de axudas para a creación de grandes vales ou clusters de hidróxeno renovables (PERTE ERHA)
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) publicou o 4 de abril de 2025 a proposta de resolución definitiva, da primeira convocatoria do Programa de incentivos aos proxectos de produción e consumo de hidróxeno renovable (Clústeres ou Vales) no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, enmarcada no PERTE ERHA.
A convocatoria publicada o 2 de agosto de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematu o 29 de outubro de 2024, estableceu un orzamento máximo de 1.200.000.000 €. Seleccionáronse definitivamente 7 proxectos, sendo o importe total concedido de 1.223.093.693 € (o 101,92% do total orzamentado). Hai un proxecto beneficiario galego, o “Valle del Hidrógeno de A Coruña”, cun total concedido de 170.161.719 €.
Os proxectos incluídos na proposta de resolución definitiva son os seguintes:
Título do proxecto | Nome beneficiario | CCAA | Total concedido (€) |
Planta de Producción de Combustible Sostenible de Aviación “COMPOSTILLA GREEN – PLANTA DE H2 y eSAF” | PERSEUS POWER, S.L. | Castilla y León | 81.400.000 |
Valle Leonés del Hidrógeno Verde* | DESARROLLO RENOVABLE MAHOGANY, S.L. | Castilla y León | 93.786.910 |
VILLADANGOS HIDROGENO VERDE, S.L. | 86.203.063 | ||
CATALINA* | CI ETF I RENATO PTX HOLDCO, S.L. | Aragón | 245.000.000 |
Valle del Hidrógeno de A Coruña | ARMONIA GREEN GALICIA, S.L. | Galicia | 129.351.776 |
REPSOL RENEWABLE AND CIRCULAR SOLUTIONS, S.A. | 40.809.943 | ||
Valle Andaluz del Hidrógeno Verde: | COMPAÑIA ESPAÑOLA DE PETROLEOS, S.A. | Andalucía | 303.750.000 |
Tarragona Hydrogen Network (T-HYNET) * | TARRAGONA HYDROGEN NETWORK, S.L. | Cataluña | 104.192.000 |
Generación de H2 verde para producir | WALIA ENERGY, S.L. | Aragón/Cataluña | 78.605.125 |
GREEN CAPITAL DEVELOPMENT 52, S.L. | 57.695.446 | ||
NERALDA ENERGY, S.L. | 1.365.998 | ||
QUANTUM HYDROGEN 8, S.L. | 933.432 | ||
Total (€) | 1.223.093.693 |
Os seguintes proxectos sofreron modificacións no importe da axuda concedida con respecto a proposta de resolución provisional:
- Planta de Producción de Combustible Sostenible de Aviación “COMPOSTILLA GREEN – PLANTA DE H2 y eSAF” na proposta de resolución provisional o total concedido da axuda era de 78.887.700 €, e coa proposta de resolución definitiva a axuda concedida ascende a 81.400.000 €.
- Tarragona Hydrogen Network (T-HYNET) na proposta de resolución provisional o total concedido da axuda era de 98.094.400 €, e coa proposta de resolución definitiva a axuda concedida ascende a 104.192.000 €.
Os proxectos marcados cun (*) segundo a proposta de resolución definitiva quedarán condicionados a presentación, se procede, por parte dos beneficiarios afectados da renuncia as axudas concedidas para as correspondentes actuacións do Fondo europeo “Innovation Fund”, así como financiación de Fondos europeos que puidesen resultar incompatibles, xa sexa esta renuncia de forma total ou parcial, segundo corresponda en cada caso, puidendo acreditar a presentación de dita renuncia con motivo da aceptación da presente proposta.
Con respecto a proposta de resolución provisional inclúese un novo proxecto que deberá renunciar a unha axuda incompatible, o do “Valle Leonés del Hidrógeno Verde”. Así son 3 os proxectos condicionados: CATALINA, Tarragona Hydrogen Network (T-HYNET) e Valle Leonés del Hidrógeno Verde.
A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas é a seguinte:
CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido (€) | %Sobre o concedido |
Aragón | 3 | 314.300.000 | 25,70% |
Andalucía | 1 | 303.750.000 | 24,83% |
Castilla y León | 3 | 261.389.973 | 21,37% |
Cataluña | 3 | 173.492.001 | 14,18% |
Galicia | 2 | 170.161.719 | 13,91% |
Valencia |
|
| 0,00% |
Islas Canarias |
|
| 0,00% |
Madrid |
|
| 0,00% |
Murcia |
|
| 0,00% |
País Vasco |
|
| 0,00% |
Cantabria |
|
| 0,00% |
Navarra |
|
| 0,00% |
Castilla-La Mancha |
|
| 0,00% |
Extremadura |
|
| 0,00% |
Islas Baleares |
|
| 0,00% |
Principado de Asturias |
|
| 0,00% |
La Rioja |
|
| 0,00% |
Total | 12 | 1.223.093.693 |
|
Aragón é a CCAA con máis axudas concedidas, o 25,70 % do total concedido. Andalucía ocupa o segundo lugar, cun 24,83 % do total concedido a nivel nacional. Galicia ocupa a quinta posición, cun total de 170.161.719 € concedidos a un proxecto galego nesta convocatoria, o “Valle del Hidrógeno de A Coruña”, o que supón o 14,01 % do total concedido a nivel nacional.