Atrás

O MITECO publica a proposta de resolución provisional da primeira convocatoria de axudas para a creación de grandes vales ou clusters de hidróxeno renovables (PERTE ERHA)

Atrás
21/02/2025

O MITECO publica a proposta de resolución provisional da primeira convocatoria de axudas para a creación de grandes vales ou clusters de hidróxeno renovables (PERTE ERHA)

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) publicou o 21 de febreiro de 2025 a proposta de resolución provisional, da primeira convocatoria do Programa de incentivos aos proxectos de produción e consumo de hidróxeno renovable (Clústeres ou Vales) no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, enmarcada no PERTE ERHA.

 

A convocatoria publicada o 2 de agosto de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematu o 29 de outubro de 2024, estableceu un orzamento máximo de 1.200.000.000 €. Seleccionáronse provisionalmente 7 proxectos, sendo o importe total concedido de 1.214.483.791 € (o 101,21% do total orzamentado). Hai un proxecto beneficiario galego, o “Valle del Hidrógeno de A Coruña”, cun total concedido de 170.161.719 €.

 

Os proxectos incluídos na proposta de resolución provisional son os seguintes:

 

Título do proxecto

Nome beneficiario

CCAA

Total concedido (€)

Planta de  Producción de  Combustible Sostenible  de Aviación “COMPOSTILLA GREEN – PLANTA DE H2 y eSAF”

PERSEUS POWER, S.L.

Castilla y León

78.887.700

Valles  Leonés del Hidrógeno Verde

DESARROLLO RENOVABLE MAHOGANY, S.L.

Castilla y León

93.786.910

VILLADANGOS HIDROGENO VERDE, S.L.

86.203.063

CATALINA*

CI ETF I RENATO PTX HOLDCO, S.L.

Aragón

245.000.000

Valle del Hidrógeno de A Coruña

ARMONIA GREEN GALICIA, S.L.

Galicia

129.351.776

REPSOL RENEWABLE AND CIRCULAR SOLUTIONS, S.A.

40.809.943

Valle Andaluz  del Hidrógeno Verde:
Proyecto ONUBA

COMPAÑIA ESPAÑOLA DE PETROLEOS, S.A.

Andalucía

303.750.000

Tarragona Hydrogen Network
(T-HYNET)*

TARRAGONA HYDROGEN NETWORK, S.L.

Cataluña

98.094.400

Generación de H2 verde para producir
combustibles derivados en el valle del río Ebro (HyBERUS)

WALIA ENERGY, S.L.

Aragón/Cataluña

78.605.125

GREEN CAPITAL DEVELOPMENT 52, S.L.

57.695.446

NERALDA ENERGY, S.L.

1.365.998

QUANTUM HYDROGEN 8, S.L.

933.432

Total (€)

1.214.483.791

 

Os proxectos sinalados cun (*) segundo a proposta de resolución provisional estarán “condicionados a acreditación ante o órgano instrutor de que renunciaron á axuda concedida para a mesma actuación do Fondo europeo “Innovation Fund”, e tendo feita dita proba, en todo caso, con anterioridade á aceptación das mesmas”.

 

A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas é a seguinte:

 

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido (€)

%Sobre o concedido

Aragón

3

314.300.000

25,88%

Andalucía

1

303.750.000

25,01%

Castilla y León

3

258.877.672

21,32%

Galicia

2

170.161.719

14,01%

Cataluña

3

167.394.400

13,78%

Valencia

 

 

0,00%

Islas Canarias

 

 

0,00%

Madrid

 

 

0,00%

Murcia

 

 

0,00%

País Vasco

 

 

0,00%

Cantabria

 

 

0,00%

Navarra

 

 

0,00%

Castilla-La Mancha

 

 

0,00%

Extremadura

 

 

0,00%

Islas Baleares 

 

 

0,00%

Principado de Asturias

 

 

0,00%

La Rioja

 

 

0,00%

Total

12

1.214.483.791

 

 

Aragón é a CCAA con máis axudas concedidas, o 25,88 % do total concedido. Andalucía ocupa o segundo lugar, cun 25,01 % do total concedido a nivel nacional. Galicia ocupa o cuarto lugar, cun total de 170.161.719 € concedido a un proxecto galego (“Valle del Hidrógeno de A Coruña”) nesta convocatoria, o que supón o 14,01 % do total concedido a nivel nacional.

 

A continuación indícanse as ligazóns á proposta de resolución provisional da convocatoria, así como a ficha da convocatoria: