Atrás

O MITECO publica a resolución definitiva da 3ª convocatoria de subvencións (2024) en concorrencia competitiva para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE AUGA)

Atrás
08/10/2025

O MITECO publica a resolución definitiva da 3ª convocatoria de subvencións (2024) en concorrencia competitiva para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE AUGA)

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 8 de outubro de 2025, a través da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, a resolución definitiva da terceira convocatoria de axudas para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE AUGA). 

A convocatoria, publicada o 20 de decembro de 2024 e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 30 de xaneiro de 2025, tiña un orzamento de 50.000.000 €. O pasado 9 de agosto de 2025 publicouse a resolución provisional, na que se concederon 50.000.000 € a 14 proxectos, o que supón o 100 % do total orzamentado. Entre os proxectos beneficiarios, había un proxecto galego que obtivo un total de 5.996.314,35 € (un 12 % do total resolto a nivel estatal). O 8 de outubro de 2025 publicouse a resolución definitiva, na que non se produciron cambios respecto da resolución provisional. 

A distribución dos proxectos entre as distintas comunidades autónomas é a seguinte:

 

CCAA

NºBeneficiarios

Total concedido (€)

% Sobre o concedido

Andalucía

4

11.627.101

23,25%

Valencia

3

10.626.644

21,24%

Galicia

1

5.996.315

12,00%

Región de Murcia

1

5.941.582

11,88%

País Vasco

1

5.178.150

10,36%

Cataluña

2

5.012.163

10,02%

Castilla y León

1

4.218.596

8,44%

Islas Canarias

1

1.399.451

2,80%

Islas Baleares

 

 

 

Madrid

 

 

 

Navarra

 

 

 

Principado de Asturias

 

 

 

Aragón

 

 

 

Castilla La Mancha

 

 

 

Cantabria

 

 

 

Extremadura

 

 

 

La Rioja

 

 

 

Total

14

50.000.000

 

 

Andalucía e Valencia son as comunidades autónomas que aglutinan o maior número de propostas beneficiarias; entre ambas obtiveron practicamente o 45% do total resolto na convocatoria. Galicia ocupa a terceira posición, cun 12 % dos fondos concedidos, ao captar 5.996.315 €.

O detalle do proxecto galego beneficiario é o seguinte: 

 

CIF

Entidade

Proxecto

Importe axuda (€)

U79820833

FCC AQUALIA VIGO UTE 

VIGWATER CAPITAL DIGITAL DEL AGUA EN GALICIA

5.996.314