Estás en:
O MITECO publicou a proposta de resolución provisional da convocatoria de axudas do Programa RENOCOGEN (PERTE ERHA)
O MITECO publicou a proposta de resolución provisional da convocatoria de axudas do Programa RENOCOGEN (PERTE ERHA)
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 2 de novembro de 2023, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), a proposta de Resolución provisional da Primeira convocatoria de axudas do programa de incentivos para proxectos de producción de electricidade e calor a partir de enerxías renovables en substitución de producción a partir de combustibles fósiles, Programa RENOCOGEN, convocatoria enmarcada no PERTE ERHA.
Segundo a convocatoria publicada o 7 de maio do 2023, o orzamento máximo establécese en 150.000.000 €. Seleccionáronse 15 proxectos, sendo o importe total concedido de 53.316.846 € (un 35,55 % sobre o total orzamentado). A distribución dos proxectos polas distintas comunidades autónomas é a seguinte:
|
| PERTE ERHA - Programa RECONOGEN | ||
| CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido | %Sobre o concedido |
| Castilla-La Mancha | 3 | 17.157.231 | 32.18% |
| Galicia | 2 | 13.412.560 | 25.16% |
| Castilla y León | 3 | 7.050.305 | 13.23% |
| Valencia | 2 | 6.461.821 | 12.12% |
| País Vasco | 2 | 5.454.436 | 10.23% |
| Aragón | 1 | 2.676.960 | 5.02% |
| Cataluña | 2 | 1.102.533 | 2.07% |
| Andalucía | 0 | 0 | 0.00% |
| Asturias | 0 | 0 | 0.00% |
| Cantabria | 0 | 0 | 0.00% |
| Extremadura | 0 | 0 | 0.00% |
| Islas Baleares | 0 | 0 | 0.00% |
| Islas Canarias | 0 | 0 | 0.00% |
| La Rioja | 0 | 0 | 0.00% |
| Madrid | 0 | 0 | 0.00% |
| Murcia | 0 | 0 | 0.00% |
| Navarra | 0 | 0 | 0.00% |
| Total | 15 | 53.316.846 |
|
Castilla-La Mancha lidera a lista cun 32,18 % do total concedido. Galicia, nunha segunda posición, quédase cun 25,16 %, obtendo un total de 13.412.560 €.
O detalle das entidades beneficiarias galegas é o seguinte:
| CIF | Nome beneficiario | Breve descrición actuación | Importe axuda (€) |
| B15761612 | COMPAÑÍA ENERGÉTICA PARA EL TABLERO S.A. | Planta térmica de biomasa en Fuentes | 10.008.250 |
| A82321068 | COGENERACIÓN DEL NOROESTE S.L. | Unidad de producción de energía térmica a partir de biomasa | 3.404.310 |
| Total concedido de axuda (€) | 13.412.560 | ||