Atrás

O MITECO publicou a resolución definitivia da convocatoria para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da Auga (PERTE Ciclo da Auga)

Atrás
17/11/2023

O MITECO publicou a resolución definitivia da convocatoria para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da Auga (PERTE Ciclo da Auga)

O Ministerio para a Transición Ecolóxica, publicou o 17 de novembro de 2023, a través da Diección Xeral da Auga, a resolución de concesión definitiva da Primeira Convocatoria de subvencións (2022) para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da agua, convocatoria enmarcada no PERTE Dixitalización do ciclo da auga.

Segundo a convocatoria publicada o 10 de abril de 2023, o orzamento máximo establécese en 200.000.000 €. Seleccionáronse 30 proxectos, sendo o importe total concedido de 200.000.000 €. Un total de 14.726.546 € concedéronse a dúas entidades galegas, o que representa un 7,36 % do total concedido.

O detalle das entidades galegas beneficiarias é o seguinte:

CIF

Nome beneficiario

Breve descrición actuación

Importe axuda (€)

B15026693

ESPINA Y DELFÍN, S.L.

Automatización y digitalización del ciclo del agua en los ayuntamientos de Cartelle, Cerceda, Coirós, Leiro, Negreira, Palas de Rei, Sarría, Vilagarcía de Arousa y Vilanova de Arousa gestionados por Espina & Delfín.

6.972.027

A32390684

AQUAOURENSE SOCIEDAD PROVINCIAL DE AUGAS E MEDIO AMBIENTE S.A.

OU-INTELIGENTE: Provincia del Agua

7.754.519

Total concedido de axuda (€)

14.726.546