Estás en:
O MITECO publicou o 15 de febreiro de 2024 a resolución definitiva do Programa XEOTERMIA PROFUNDA, convocatoria enmarcada no PERTE ERHA
O MITECO publicou o 15 de febreiro de 2024 a resolución definitiva do Programa XEOTERMIA PROFUNDA, convocatoria enmarcada no PERTE ERHA
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, publicou o 15 de febreiro do 2024, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a resolución definitiva da Primeira Convocatoria para a concesión de axudas a estudios de viabilidade de proxectos, de carácter innovador, para o aproveitamento da enerxía xeotérmica profunda (Programa XEOTERMIA PROFUNDA), convocatoria enmarcada no PERTE ERHA.
Segundo a convocatoria publicada o 18 de maio de 2023, o orzamento máximo establécese en 120.000.000 €. Seleccionáronse 11 proxectos, sendo o importe concedido de 111.305.710 € (un 92,75 % do total orzamentado). Entre os beneficiarios non hai entidades galegas, tampouco se leva a cabo ningunha actuación en Galicia.
A distribución xeográfica das entidades é a seguinte:
| Convocatoria Xeotermia Profunda | |||
|
| Nº Beneficiarios | Total concedido | %Sobre o concedido |
| Islas Canarias | 10 | 106.243.210 | 95,45% |
| Madrid | 1 | 5.062.500 | 4,55% |
| Andalucía |
|
| 0,00% |
| Aragón |
|
| 0,00% |
| Principado de Asturias |
|
| 0,00% |
| Cantabria |
|
| 0,00% |
| Castilla-La Mancha |
|
| 0,00% |
| Castilla y León |
|
| 0,00% |
| Cataluña |
|
| 0,00% |
| Extremadura |
|
| 0,00% |
| Galicia |
|
| 0,00% |
| Islas Baleares |
|
| 0,00% |
| La Rioja |
|
| 0,00% |
| Murcia |
|
| 0,00% |
| Navarra |
|
| 0,00% |
| País Vasco |
|
| 0,00% |
| Valencia |
|
| 0,00% |
| Total | 11 | 111.305.710 |
|
Canarias é a comunidade máis beneficiaria, con 10 proxectos subvencionados, e obtivo o 95,45% dos fondos concedidos