Atrás

O MITECO publicou o 22 de novembro de 2023 a proposta de resolución provisional do Programa XEOTERMIA PROFUNDA, convocatoria enmarcada no PERTE ERHA

Atrás
22/11/2023

O MITECO publicou o 22 de novembro de 2023 a proposta de resolución provisional do Programa XEOTERMIA PROFUNDA, convocatoria enmarcada no PERTE ERHA

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, publicou o 22 de novembro do 2023, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a proposta de resolución provisional da Primeira Convocatoria para a concesión de axudas a estudos de viabilidade de proxectos, de carácter innovador, para o aproveitamento da enerxía xeotérmica profunda (Programa XEOTERMIA PROFUNDA), convocatoria enmarcada no PERTE ERHA.

Segundo a convocatoria publicada o 18 de maio de 2023, o orzamento máximo establécese en 120.000.000 €. Seleccionáronse 14 proxectos, sendo o importe provisionalmente concedido de 120.000.000 €. Entre os beneficiarios non hai entidades galegas, tampouco ningunha actuación se leva a cabo en Galicia.