Estás en:
O MITMS publica a proposta de Resolución Provisional da Primeira convocatoria do Programa de eco-incentivo para o impulso do transporte marítimo de mercadorías
O MITMS publica a proposta de Resolución Provisional da Primeira convocatoria do Programa de eco-incentivo para o impulso do transporte marítimo de mercadorías
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible publicou o 28 de febreiro de 2024, a través da Secretaría de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, a proposta de resolución provisional da Primeira convocatoria do Programa de eco-incentivo para o impulso do transporte marítimo de mercadorías basado no mérito ambiental e socioeconómico, periodo de elixibilidade 2022-2023.
Segundo a convocatoria publicada o 19 de setembro de 2022, o orzamento máximo establécese en 20.000.000 €. O plazo de presentación de solicitudes finalizou o 30 de xuño de 2023. Foron seleccionados de manera provisional 42 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 6.801.450 € (un 34 % do total orzamentado). Quedando así un 66 % dos fondos sen conceder. Entre os beneficiarios hai sete entidades galegas, que acadaron 62.406 €, o que representa un 0,92 % do total concedido.
CIF | Nome beneficiario | Importe axuda |
---|---|---|
B39733795 | ABC LOGISTICS & INTERMODAL SERVICES S.L.U. | 6.480 € |
A36617678 | TRANSPAIS ATLANTICO S.A | 22.563 € |
B27333186 | LOGISTICAS GOYANES S.L | 1.625 € |
B36525814 | POTEL TORRES TRANSPORTES S.L. | 2.740 € |
B36423192 | SERVI GLOBAL TRANS 2015 S.L | 238 € |
B78503406 | XPO TRANSPORT SOLUTIONS SPAIN S.L. | 28.552 € |
B70443015 | TIR COMPOSTELA S.L | 207 € |
Total concedido de axuda (€) | 62.406 € |