Atrás

O nivel de dixitalización das PEMES turísticas medra un 50% nun ano

Atrás
26/11/2024

O nivel de dixitalización das PEMES turísticas medra un 50% nun ano

segundo informe Nivel de Dixitalización das PEMES Turísticas Españolas puxo de manifesto que o grao de dixitalización das micro e pequenas empresas turísticas en España medrou un 50% nun ano, ata situarse no 47,6%. Para a realización do estudo, enquisáronse a máis de 2.500 empresas turísticas dos sectores de aloxamentos, axencias de viaxes, actividades, restauración, vehículos de alugueiro e transporte de autobuses, e permitiu confirmar que 3 de cada 10 empresas enquisadas afirmaron ter solicitado axudas vinculadas co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, sendo as do sector do transporte por estradas e actividades quen máis as solicitaron.

Dotadas cun orzamento de 104.064.551 €, a convocatoria do ano 2023 de axudas para proxectos de dixitalización de última milla en empresas do sector turístico resolveu un total de 69.597.640€, os cales financiaron proxectos destinados a mellorar a presenza en liña das empresas, a transformación dixital de procesos internos, ferramentas de xestión empresarial, xestión de vendas e reservas, marketing e experiencia do cliente, automatización de tarefas, ciberseguridade e protección de datos e solucións de comercio electrónico. En concreto, os proxectos de dixitalización do sector turístico galegos captaron 2.201.345 €.

O Informe conclúe cunha lista dos ámbitos nos que a dixitalización deste tipo de empresas é maior. Así, destaca o talento do persoal, onde o nivel de dixitalización das pemes turísticas é maior (54,2%), seguido do marketing e as vendas (52,5%), a visión de negocio (52,7%), a experiencia do cliente (47,6%), os sistemas dixitais (46,8%), o produto innovador (45,9%) e a operativa de negocio e procesos administrativos (40,5%).