Atrás

O PERTE Agroalimentario recibiu 22 proxectos tractores por valor de 755 millóns de euros

Atrás
23/03/2023

O PERTE Agroalimentario recibiu 22 proxectos tractores por valor de 755 millóns de euros

O Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) para o fortalecemento industrial do sector agroalimentario recibiu solicitudes de 22 proxectos tractores por valor de 75 millóns de euros de investimento mobilizado. O total de axudas públicas solicitadas ascende a 394,4 millóns de euros. Os proxectos tractores implican a realización de 454 proxectos primarios que involucran a 356 entidades participantes. Do total de proxectos primarios, 156 pertencen á liña de innovación en sustentabilidade e eficiencia enerxética, e 298 proxectos á liña de I+D+i. O PERTE agroalimentario, que está previsto que xere un impacto na economía de 3.000 millóns e unha creación neta de 16.000 empregos, está dotado cunha liña de axudas de 1.112 millóns de euros.