Estás en:
Atrás
O PERTE para a Saúde de Vangarda duplica o investimento público inicial ata os 2.000 millóns de euros
Atrás
07/06/2023
O PERTE para a Saúde de Vangarda duplica o investimento público inicial ata os 2.000 millóns de euros
O PERTE comezou en novembro de 2021 cun investimento público de 982 millóns de euros, que se incremetou ata alcanzar os 1.183 millóns. A aprobación da adenda supón 830 millóns adicionais, dos que o Ministerio de Ciencia e Innovación xestionará 600 millóns e o resto o Ministerio de Sanidade. Entre as actuacións do Ministerio de Ciencia e Innovacio´n que se van a desenvolver co investimento adicional da adenda, destaca un proxecto conxunto con Sanidade, dotado con 20 millóns de euros, para mellorar o diagnóstico temprano e a asistencia sanitaria de enfermedades raras. No ámbito da medicina personalizada, vaise implantar un proxecto de diagnóstico xenómico, cun orzamento de 25 millóns de euros, para que se extenda á actividade clínica diaria. Así mesmo, poñerase a disposición dos centros de investación vinculados aos hospitais un programa de axuda financeira, de 27 millóns de euros, para reforzar as súas capacidades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico. Tamén se van a reformar con 45 millóns de euros as unidades de ensaios clínicos do Sistema Nacional de Saúde para seguir sendo líderes mundiais en investigación clínica e acercala a todos os territorios do noso país. Ademáis, vaise a fortalecer a internacionalizacio´n das capacidades industriais do noso país no sector saúde con 150 millóns de aportación española ó IPCEI da Unión Europea. De forma adicional, traballarase para aumentar o tamaño e a capacidae industrial das nosas empresas con 30 millóns para coinversión e cunha liña de financiación de 298 millóns de euros que destinará o CDTI para as empresas do sector da saúde. Finalmente, destinaranse 5 millóns de euros para reforzar as capacidades de investigación do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).