Atrás

O Plan Complementario de Biodiversidade

Atrás
03/05/2024

O Plan Complementario de Biodiversidade

Os Plans Complementarios son un instrumento creado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades en colaboración coas comunidades autónomas destinado a establecer colaboracións en accións de I+D+i que teñan obxectivos comúns. Este Programa, denominado “Exploración, análise e previsión da biodiversidade: posibles respostas á estratexia 2030 para o desenvolvemento sostible nun escenario de cambio global”, ten como obxectivo desenvolver solucións centradas na natureza, e que teñan en conta como a afectan as actividades antrópicas. , para deter a crise da Biodiversidade ao tempo que se permite a mitigación e adaptación dos sistemas naturais ao cambio climático. Este programa conta cun investimento total de 66 millóns de euros. O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades achega 36 millóns a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e o resto finánciase con recursos das comunidades autónomas participantes. O programa púxose en marcha inicialmente coas Comunidades Autónomas de Galicia , Andalucía, Principado de Asturias, Canarias, Estremadura e Baleares, mediante a sinatura dun convenio marco co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Posteriormente, tras o Acordo do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do 22 de xuño de 2022, incorporouse a Comunidade Autónoma do País Vasco.

No marco do Plan Complementario de Biodiversidade, en Galicia realízase o programa de “innovación, diversificación, recuperación económica, resiliencia e observación do territorio, especialmente nos retos vinculados á biodiversidade, a través de tecnoloxías embarcadas en plataformas de vehículos aéreos non tripulados (UAVS ou drones) e pseudosatélites de gran altitude (HAPS). Este programa conta cun financiamento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 12,34 millóns de euros e 10,66 millóns de euros da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que conta cun investimento total de 23 millóns de euros.