Estás en:
Atrás
O Plan Complementario en biotecnoloxía aplicada á saúde
Atrás
09/02/2024
O Plan Complementario en biotecnoloxía aplicada á saúde
Os Plans Complementarios son un instrumento creado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades en colaboración coas comunidades autónomas destinado a establecer colaboracións en accións de I+D+i que teñan obxectivos comúns. Enmárcanse no compoñente 17 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O Plan Complementario de biotecnoloxía aplicada á saúde tamén está integrado no marco de PERTE para á Saúde de Vangarda, un instrumento de colaboración público-privado centrado na transformación do sector sanitario a través da ciencia e a innovación. Está dirixido ao desenvolvemento de ferramentas de diagnóstico, prognóstico e terapias avanzadas ou dirixidas en medicina personalizada. Este programa conta cun investimento total de 37 millóns de euros. O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades achega 19 millóns a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e o resto finánciase con recursos das Comunidades Autónomas participantes. O programa púxose en marcha inicialmente coas Comunidades Autónomas de Cataluña, Castilla La Mancha, Extremadura, País Vasco e Galicia, mediante a sinatura dun convenio marco co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Posteriormente, tras o Acordo do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do 22 de xuño de 2022, incorporáronse as Comunidades Autónomas de Andalucía e Aragón. No marco do Plan Complementario de Biotecnoloxía aplicada á saúde, póñense en funcionamento varias plataformas tecnolóxicas de apoio á I+D+i nas sete comunidades autónomas participantes. O obxectivo é que estas plataformas sexan accesibles para os centros de investigación de toda España. En Galicia, a Plataforma de Cribado de Fármacos e Farmacoxenómica INNOPHARMA está accesible dende maio de 2022. Esta é unha plataforma de alta capacidade e un referente europeo no descubrimento precoz de fármacos. Acreditado como un dos sete nodos de alta capacidade do Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación (ERIC) EU-OPENSCREEN (Plataforma existente non financiada polo Plan Complementario). INNOPHARMA ten unha serie de capacidades que abarcan todas as etapas do proceso de descubrimento precoz de fármacos, dende a identificación de obxectivos ata a avaliación preliminar da seguridade e a toxicidade, con máis de 20 anos de experiencia durante os cales 15 Novas Entidades Químicas (NCE) chegaron a ensaios clínicos a través de colaboración público-privadas.