Atrás

O Plan de Recuperación permitirá incrementar o nivel do Produto Interior Bruto 2,6 puntos porcentuais de media cada ano ata 2031

Atrás
22 September 2022

O Plan de Recuperación permitirá incrementar o nivel do Produto Interior Bruto 2,6 puntos porcentuais de media cada ano ata 2031

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, compareceu na Comisión Mixta do Congreso para presentar os avances na execución do Plan de Recuperación, así como as líneas xerais da Adenda do Plan nas que se está traballando. A vicepresidenta destacou que a execución do Plan de Recuperación permitirá incrementar o nivel do Produto Interior Bruto (PIB) 2,6 puntos porcentuais de media cada ano ata 2031. Este impacto é froito da mellora de expectativas, así como da actuación conxunta das reformas e investimentos que xa están en marcha, cun impacto especialmente significativo sobre a creación de emprego, o investimento en bens de equipo e propiedade intelectual. Adicionalmente, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, está traballando na elaboración da Adenda ó Plan de Recuperación, que incluirá novas reformas e investimentos financiados con cargo ós 7.700 millóns de euros de transferencias adicionáis ee os 84.000 millóns de euros en préstamos.