Atrás

O prazo para solicitar axudas para renovar o padrón municipal amplíase ata o 1 de abril

Atrás
16/02/2024

O prazo para solicitar axudas para renovar o padrón municipal amplíase ata o 1 de abril

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática anunciou que amplía un mes, ata o 1 de abril, o prazo para que as entidades locais soliciten axudas para modernizar e actualizar o rexistro do padrón municipal, cun orzamento de 64 millóns de euros. O obxectivo é actualizar o padrón municipal en tempo real e que as administracións locais teñan acceso aos datos reais da súa poboación, moi importantes para a prestación dos servizos públicos municipais e para un financiamento máis acorde á poboación real, dentro dun proxecto financiado polo Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR), xestionado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática en colaboración co Instituto Nacional de Estatística (INE).