Atrás

Política Territorial asigna 8 millóns de euros para a dixitalización de catro Consells e sete cabildos insulares

Atrás
23/03/2023

Política Territorial asigna 8 millóns de euros para a dixitalización de catro Consells e sete cabildos insulares

Os cabildos de Gran Canaria, Tenerife, La Palma, Lanzarote, La Gomera, Fuerteventura e El Hierro podrían recibir máis de 5 millóns de euros desta convocatoria específica de Fondos de Recuperación. Os Consells de Formentera, Mallorca, Ibiza e Menorca poderán presentar proxectos por unha cantidade de cerca de 3 millóns. O BOE publicou a convocatoria na que catro Consells e sete cabildos insulares poderán solicitar ata 8 millóns de euros para proxectos no marco das axudas destinadas para a modernización e dixitalización dasentidades locais impulsadas polo Ministerio de Política Territorial dentro do PRTR. Os beneficiarios desta convocatoria específica son cabildos de Gran Canaria, Tenerife, La Palma, Lanzarote, La Gomera, Fuerteventura e El Hierro e os Consells de Formentera, Mallorca, Ibiza e Menorca. No caso dos primeiros, pderán presentar proxectos por valor de máis de 5 millóns de euros. No caso dos Consells de Islles Balears poderán presentar proxectos por unha cantidade cercada ós 3 millóns de euros. Grazas ós fondos, estas entidades poderán mellorar a accesibilidade aos servizos públicos dixitais, reducir a brecha dixital, mellorar a eficiencia e eficacia dos empregados públicos e utilizar as tecnoloxías emerxentes no despregue de novos servizos dixitais a través de chatbots, robotización, plataformas, etc. A asignación orzamentaria para cada entidade levouse a cabo seguindo un criterio enteiramente proporcional en función da poboación de cada cabildo ou Consell. Cada entidade podía elixir libremente qué proxectos presentar dentro das cinco liñas establecidas polo Ministerio de Política Territorial na súa orde de convocatoria: 1. Administración orientada ó cidadán; 2. Operacións intelixentes; 3. Goberto do dato; 4. Investimentos e Infraestruturas dixitais; e 5. Ciberseguridade.