Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas
O obxectivo das actuacións subvencionables é alcanzar unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %; ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %; ou, no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando cumpra, establecidos nas táboas 3.1.1.a-HEI1 e 3.1.3.a-HEI1, do documento básico DB HEI de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.
Realizaranse en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda.
O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 euros, cun custo mínimo de 1.000 euros por vivenda. O total do crédito orzamentario é de 2.991.655 euros para a anualidade 2022 e 10.463.535 euros para a anualidade 2023, respectivamente.